Sociedade Galega de Medicina Xeral. SEMG-GALICIA
presentacion | |
escola | |
eventos | |
organigrama | |
allariz | |
sede e informacion
Presentación
Hoxe é un día feliz para a SEMG-GALICIA, xa que se acada un
obxectivo longamente desexadopor todos: A creación da Escola Galega
de Ultrasonografía & Clínica. Nove anos e máis
de mil médicos formados en todo o país, avalan a experiencia
da Escola Española de Ecografía, que constitúe unha
referencia obrigada á hora de pór en marcha este proxecto.
Coa mesma ilusión coa que naceu no seu día a Escola de Madrid,
un amplo grupo deprofesionais que promovemos daquela un proxecto formativo
en ecografía para médicos xerais e de familia, consideramos
oportuno poñer en marcha unha estructura de ámbito autonómico,
precisamente alí onde o uso do ultrasón diagnóstico
está máis evolucionado dentro do marco da sanidade pública
do noso país.
Foi preciso un tesón fora do común para arrincar co proxecto
inicial; mentres tanto o tempo tennos dado a razón ós que
preconizabamos a utilidade desta técnica por parte do médico
xeral e de familia, e hoxe en día é practicamente unha "necesidade"
sentida por unha grande parte decompañeiros, a dispoñer nas
súas consultas dun ecógrafo.
A etapa que comezamos xorde dunha meirande experiencia e cunha metodoloxía
de ensinanza que nos permite afrontala coa tranquilidade de quen coñece
de antemán os resultados da acción que pon a andar. Por outra
banda, temos recibido dun importan número de compañeiros ainquedanza
por unha verdadeira "formación continuada" en ecografía.
Unha oferta que ata este intre viña realizando únicamente
a nosa escola de Madrid, pero cunha dimensión e unhaaccesibilidade
moi alonxada do óptimo.
Isto fai que a Escola Galega vai a centrar unha grande parte da súa
programación en actividadesdirixidas a aqueles compañeiros
que xa están levando á práctica diaria o uso do U.S.
diagnóstico. Sen embargo, e precisamente procurando como obxectivo
accesibilidade, tamén teremos actividades de iniciación para
todos los compañeiros que contacten por vez primeira co U.S. diagnostico
nas súas diferentes facetas.
É preciso mentar na nosa Comunidade o apoio recibido por parte da
Administración sanitaria a través do SERGAS, que den principio
creu na utilidade deste proxecto e froito delo xurdiron aplanificación
e posterior desenvolvemento de actividades formativas dirixidas ós
profesionais de Primaria neste campo, que se ben dende o punto de vista
contitativo téñense desvelado escasas, non menos certo que
dende unha óptica conceptual tivo unha importancia que trascendeu
máis alá da nosa Comunidade.
Non é casual, logo entón, que sexamos a Comunidade Autónoma
que conta con máis ecógrafos por Puntos de Atención
Continuadade que o número de comunicacións no I e II CONGRESOS
NACIONAIS DE ECOGRAFIA celebrados en Madrid contaran cun protagonimo por
parte dos profesionais galegos que probablemente non acadamos noutras áreas
da nosa ciencia.
A Escola Galega de Ecografía terá a súa sede permanente
en Allariz, pero realizaremos actividades nas catro provincias galegas.
O proxecto que hoxe nace é un proxecto colectivo, dirixido a mellorar
a oferta sanitaria ós cidadáns, a capacidade resolutiva dos
profesionais e onivel de competencia profesional da Atención Primaria,
así como o grao de saúde e de satisfacción da poboación.
O proxecto é, pois, un proxecto de todos no que dende este mesmo
intre vos convidoa participar.
O noso agradecemento a ESTEVE polo seu apoio, sen o que sería imposible
ver cumplida esta nosa aspiración.
X.M. Solla Camino
Director da Escola Galega de Ultrasonografía
Allariz, mayo de 2000
Sección
de Informática de la SEMG.
Copyright © 2004 - SEMG