Sociedade Galega de Medicina Xeral. SEMG-GALICIA
presentacion | |
escola | |
eventos | |
organigrama | |
allariz | |
sede e informacion
Allariz
Allariz
foi declarado Conxunto Histórico Artístico en 1971, facendo
xustiza a un rico legado arquitectónio e cultural presente no seu Casco
Histórico.
O topónimo
Allariz lévanos ó século VI cando a
presencia sueva na comarca crea a Vila Alaricil.
Existen
testemuñas da existencia dun poboado
galaico-romano,
senembargo máis atrás do pri-
meiro milenio pedémonos en referencias escasas
e de dificil interpretación.
No século
XI o rei galaico-leonés Alfonso VI fai
levantar o castelo e as murallas. Alfonso VII, a
mediados do s.XXII concede á Vila o famoso Foro
que a convirte en Vila Real. Entrando no s. XIII,
Fernando III, O Santo, viaxa a miúdo a Allariz, o
seu fillo Alfonso X reside pro períodos longos na Vila, onde é
posible que recopilase as cantigas de Santa María. A súa dona
Violante de Aragón iniciou a construcción do Mosteiro de Santa
Clara.
Allariz,
un concello da provincia de Ourense de 85 km2
e 92 núcleos de poboación, distribuidos en 14 parroquias,
o que da unha idea da dispersión poboacional
existente.
Conta cunha poboación de 5.450 habitantes, o que nos
da unha densidades de 63 hab./Km2. Estáatravesado
de Leste a Oeste polo río Arnoia, accidente
xeográfico condicionante ó longo da historia
de moitos episodios da vida e da economía alaricana.